Teodulfo Lagunero: A vida deume moi malas cartas que xogar

Teodulfo Lagunero: A vida deume moi malas cartas que xogar

24 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O histórico líder comunista e da loita antifranquista Teodulfo Lagunero fixo esta cruda afirmación na presentación dun libro titulado Memorias na que recolle toda a súa traxectoria vital adicada á defensa das ideas. Trátase dun libro de “loita” como él mesmo o definíu. Escribir as memorias, apuntou Lagunero, “é como contar as cartas que a cada un lle dá a vida e cómo cadaquén as xogou, e as m

Teodulfo Lagunero presentouse ante un auditorio que abarrotou a sala de exposicións da galería Sargadelos de Ferrol e que recibiu ó autor cun caluroso aplauso. Acompañouno o directivo da Asociación Fuco Buxan-organizadora do acto-, Rafael Pillado, figura tamén destacada da loita obreira na cidade de Ferrol.

Lagunero fixo un amplo repaso pola súa vida como activista do comunismo, cheo de avatares e desventuras. “A extraordinaria vida dun home extraordinario” segundo a definición que a escritora Almudena Grandes fai no prólogo do libro. O autor relatou entre o máis extraordinario os momentos da súa infancia, tiña só oito anos cando estalou a guerra civil, cando “a vida me deu a primeira carta máis dura: ver con esa idade como se fusila a un ser humano”. Logo virían os anos en Valencia, onde marcharon a vivir xa que seu pai era catedrático no histórico Instituto Obreiro e no que él mesmo sería estudante. Ata que as bombas destruiron a súa casa nesta cidade e seu pai é detido e levado á cidade de Logroño para fusilalo. O loitador Lagunero mencionou como as páxinas máis emotivas do seu libro aquelas que lle adica á súa nai á que define como “unha heroína, como tódalas mulleres daquel tempo”. “Vinna chorar moitas veces durante os anos que durou a contenda e logo, fregar moitas escadas para poder levarlle comida á cárcel ao meu pai” contou o escritor.

Figura clave da transición española, Lagunero foi amigo persoal de Santiago Carrillo con quen colaborou activamente para o restablecemento da democracia en España. Non en vano segue sendo recoñecido pola famosa foto que recolle o momento do regreso de Carrillo ó pais disfrazado cunha peluca.

Cultura