Teoría e práctica para unha vida máis saudable

Teoría e práctica para unha vida máis saudable

10 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A praza de España de Ferrol transfórmase nesta xornada nun circuito saudable con motivo da recente conmemoración do Día Mundial da Saúde, que este ano tivo como lema “Urbanismo e vida saudable”. As persoas que, ao longo do día pasen pola céntrica praza ferrolá poderán practicar distintos deportes e actividades físicas (en horario de mañá, ate as dúas, e, pola tarde, de cinco a oito). Asemade, pola tarde, e

Nordic walking, chi-kung, pilates ou cardiobox. Son algunhas das actividades que o concello de Ferrol propón aos cidadáns para conmemorar o Día Mundial da Saúde. De cinco a oito da tarde, as persoas que o desexen poderán achegarse a estas disciplinas da man de monitores especializados, no recinto biosaudable instalado na Praza de España.

A maiores, a Asociación de Amigos do Corazón (Amicor),  realizará pola tarde valoracións saudables a todas as persoas que o desexen. O estudo incluirá unha avaliación do seu índice de masa corporal, da súa graxa abdominal e unha medición da súa graxa global.

A partir destes datos, persoal de Amicor ofrecerá consellos acerca do estilo de vida e hábitos saudables que convén ter presentes, como medidas para previr  o sobrepeso, a hipertensión arterial, o exceso de colesterol ou a vida sedentaria, todos eles factores de risco cardiovascular.

As valoración de Amicor realizaranse nunha das casetas da praza de España de cinco a sete do serán.  

Sociedade