Terbutalina receitará o venres “vitaminas para o galego”

Terbutalina receitará o venres “vitaminas para o galego”

25 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Como unha iniciativa “xustísima e necesaria” consideran os integrantes do grupo punk Terbutalina a campaña Vitaminas para o galego, así que cando os chamaron para participar no festival que se organiza este venres na defensa dos medios de comunicación en lingua propia dixeron “inmediatamente que si”. “Os nosos concertos son como a vida, curtos e cheos de suor”, advirte Samuel a aqueles que se animen a acudir este venres ao Centro Socia

Todos os beneficios do festival Vitaminas para o galego serán destinados a sufragar o mantemento da propia campaña e dos medios en galego, que nos últimos anos sufriron importantes baixas. As entradas custan 4 euros (5, o día do concerto) e haberá unha fila cero para os que queiran colaborar con 10 euros. Pódense mercar no Centro Social A Gentalha do Pichel, A Reixa, Casa das Crechas e Restaurante Rúa.

No mesmo festival darase conta do proxecto en marcha de cara ao evento do 17 de maio, que Vitaminas para o Galego está preparando co gallo do Día das Letras Galegas. A actuación é a primeira iniciativa da segunda fase da campaña, lanzada este inverno. A primeira fase logrou duplicar o obxectivo de recadación inicial, inxectando 6.800 euros grazas a colaboración de case 200 mecenas.

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal Certo, O Sil.info, Crónica 3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, Surf GZ, Cardenos de Comunicación e Análise, Lalín e Comarca, Hermes e Atenea, Disquecool , De Luns a Venres, Cabozo.com, Vencello, Cartafol, A nova Peneira, Programa radio Plástico Elástico, Cerne, Terra de Melide e Gaceta de Fene,

Cultura