Terra

Airiños de Fene presenta un novo espectáculo "Terra" na Sociedade o Pote de Maniños
28 de Marzo, 2019 - 09:34 h. | Publicada por Radio Fene

“Terra” é palabra bonita, sonora, rotunda e chea de significado. É a elexida pola Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene para o novo espectáculo que se presenta na Sociedade O Pote de Maniños este sabado 30 de marzo, ás 20h. Poñerao en escena unha nova sección da banda denominada "Setestrelo".

ESCOITA O PODCAST:

"Terra" é o terceiro espectáculo que presente a banda fenesa nun formato apto para escenarios teatrais dun tamaño non moi esixente (poñamos uns sete metros de lonxitude). A banda fenesa traballa xa noutro espectáculo de maior envergadura que queren estrear no mes de xullo. Será un espectáculo pensado para escenarios máis grandes e cunha escenografía máis complexa que incluirá o audiovisual. A posta en escea correrá a cargo de “Setestrelo” outra palabra bonita para definir unha nova sección de Airiños de Fene.

Volvendo a "Terra" o espectáculo inclúe canto, gaitas e persusións varias, temas orixinais de creación propia ou versións doutras obras. Recolle músicos da banda, das cantareiras e outros que exclusivamente forman parte de Setestrelos. Todo baixo a batuta do director Miguel Doval, autor de dous dos temas incluídos en "Terra".

Airiños de Fene está en proceso de iniciar tamén a gravación dun disco que, en boa medida, recollerá parte dos espectáculos. En palabras do presidente de Airiños de Fene, Valentín García Modrón, con “Terra” queren facer unha homenaxe a este país.

Cultura

Publica o teu comentario agora