A Terra Chá presenta o seu Plan para penetrar no mercado turístico

A Terra Chá presenta o seu Plan para penetrar no mercado turístico

23 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Terra Chá xa ten unha folla de ruta que seguir para aumentar a súa explotación turística e ser un dos piares económicos da comarca, logo de que onte (22 de abril) se presentase o seu Plan de Desarrollo Turístico nun acto no Parado de Vilalba. O encargado de explicar en qué actuacións se sosterá o crecemento deste sector foi o ex director de Turismo da Generalitat e presidente do Grup Cerveró, Josep Cerveró, que estivo acompa&ntil

O propio Cerveró adiantou os principais obxectivos que se perseguen con este programa, que non son outros que aumentar o volume de turistas e do tempo das súas estancias, o que se traducirá nun incremento dos ingresos. As cifras previstas para o período 2010-2013 no Plan falan dun aumento dun 57% de ingresos, co que se pasaría dos 9 millóns e medio que aproximadamente se inclúen nas contas actuais por este concepto ata os 14,85 que se estima que se poidan xerar ao ano. Pero para que isto suceda é conditio sine quanon que o número de visitantes creza nun 19,25%, pasando dos 65.000 actuais aos 77.000 previstos; así como o seu nivel de gasto, que nas estimacións do último ano eran de  88 euros por persoa e día e que deberían chegar ata os 101, nunha estancia de 1,89 días, cando na actualidade é de 1,65 días.

Para cumprir con estas expectativas será preciso ofrecer un maior coñecemento da Terra Chá, ampliar a colaboración entre o sector público e o privado, fomentar o asociacionismo entre as empresas e potenciar os recursos propios. Entre estes recursos estarían a cultura, a natureza o Camiño Norte, as festas locais,a  gastronomía, así como o turismo de reunións, termal e industrial.

As estratexias a seguir para cumprir cos obxectivos estarán no traballo dos mercados, comezando polo local, e continuando polo galego e comunidades limítrofes, e seguindo por Madrid, resto de España e o Internacional; ou na diversificación do target de clientes, nos que os colectivos específicos de alto poder adquisitivo serán os principais elementos a coidar.

137 actuacións no Plan para o período 2010-2013

O proxecto de desenrolo turístico da chaira contén, polo de agora, 137 actuacións divididas en 3 programas. O primeiro, o de estruturación de destinos, contempla 55 actuacións nas que se levará adiante a coordinación da estrutura da Mancomunidade da Terra Chá e o GDR; a potenciación da creación dunha asociación de ámbito turística comarcal, fomentar a incorporación de novas actividades nos aloxamentos, así como potenciar a información e un viveiro de empresas.

No segundo, o de creación de produtos, están previstas outras 50, na que se inclúen os paquetes turísticos “Descubre Terra Chá” e “Peregrino Norte”, outro de fins de semana gastronómicos; así como dous programas termais ou un no que se primará, mediante unhas condicións preeminentes para a poboación local, o coñecemento do medio.

Por último, o terceiro bloque incluirá 32 actuacións destinadas á comercialización, buscará contactos con axentes de turismo e colectivos para ofrecer os seus produtos; a elaboración de material promocional de seu, dunha web turística específica da bisbarra con aplicacións 2.0, ou dun documento de información co plan.

Presentación do Plan á USC

O xerente do GDR, Anxo Fernández, anunciou que nos próximos días presentarán un borrador do Plan ao vicerreitorado da USC en Lugo e a un colectivo de empresas co fin de que se leve adiante unha valoración conxunta do mesmo, destinada á busca de apoios económicos e operativos para poder levar adiante este proxecto.

Creación dunha Asociación de Empresarios de Turismo Rural

Durante a presentación tamén se anunciou a creación dunha Asociación de Empresarios de Turismo Rural que responde ao nome de Turalma, e que agrupará a diversos establecementos hostaleiros da chaira, ademais de outros negocios dedicados ao ocio e á artesanía, que estean ubicados dentro do espazo rural da bisbarra. Neste momento o número de integrantes é de 14, aínda que están abertos a novas inscricións.

Segundo o seu presidente, José Rielo, esta nova asociación busca “traballar en pro de que todos vaiamos na mesma dirección, que se coordinen accións e haxa novos contactos entre os empresarios implicados”. Rielo deixou ben claro que a súa intención “non é captar subvencións, senón traballar en conxunto para facer rendibles os seus negocios”.

Sociedade