Terra e mar, na Festa da Patria en Pontedeume

Terra e mar, na Festa da Patria en Pontedeume

16 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Colectivo Terra celebra a Festa da Patria este sábado, 18 de xullo. O escenario será o patio da Casa da Cultura de Pontedeume dende as 20:00h. Faino cun probrama cheo de contos e a música de Os Tres Trebóns. O colectivo Terra abrirá a tarde do sabado coas historias do contacontos Celso Sanmartín. Deseguido, Xurxo Souto presentará o seu libro Contos do Mar de Irlanda, onde rememoraremos m

Remataráse coa parte aínda máis festeira da noite, que será o concerto de Os Tres Trebóns, treboada bravú que axudará a queimar as brochetas galegas a base de zorza, raxo e chourizos que poderás desfrutar durante a festa. A entrada é de balde, tanto ao contacontos, que se celebra no interior da Casa da Cultura, como á festa do exterior.

 

O colectivo Terra de Pontedeume traballa arredor de boas causas, causas ecolóxicas, culturais, feministas, de memoria histórica, como a homenaxe que fixeron hai uns meses ao guerrilleiro Pancho. O colectivo Terra ten unha sede social na urbanización Boavista de Pontedeume e uns 50 socios aproximadamente. Unha vez pasen as Peras e Breamo, é dicir, despois do verán, retomarán o Festival Treme a Terra que leva uns anos sen celebrarse. E vanno facer pensando na violencia de xénero e en xeral nas mulleres, segundo declarou a Radio Fene, Carlos Mosqueira.

“Os temporais renden as súas colleitas na costa do país. Desta volta a creba foi unha estrela vermella”. A estrela de mar do cartaz deseñado polo fotógrafo, José Cabalar.  “Saúde e Océano”. É a frase que acompaña a Festa da Patria, este sabado en Pontedeume.

Sociedade