Territorio, memoria e identidade

Territorio, memoria e identidade

28 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha gabanza do local realizou o profesor de Socioloxía da Universidade da Coruña Xosé Leira no acto de presentación do libro "Perlio no pasado". Leira recordou a Uxío Novoneyra, poeta que ofreceu un emocionante recital na localidade en 1974. Debullou a importancia do territorio nos labores de recuperación da memoria e da identidade. Tamén interviron onte á tarde no Círculo de Perlío o crego Elías Seoane e o alcalde de

Un pobo que non coñece o seu pasado, anda dando tumbos, non sabe a onde vai, salientou o crego de Perlío e Barallobre Elias Seoane. O alcalde de Fene Gumersindo Galego lembrou detalles da súa infancia, cando acudía co seu pai ás instalacións de Astano e observaba con curiosidade o traballo das calquistas, as empregadas que se adicaban a copiar os planos dos barcos en papel cebola, cando non existían as fotocopiadoras. Galego resaltou o valor da historia local.

Sociedade