ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A escola de música BellónMaceiras abríu as súas portas co mes de setembro. Neste curso 2018-2019 acolle nas súas aulas 150 alumnos e alumnas con idades comprendidas entre os 3 e os 75 anos. Esta escola ten dúas particularidades a destacar, que se aprende música dun xeito menos encorsetado ás normas académicas e que o profesorado son músicos en activo. "Búscase o divertimento", en palabras de Diego Maceiras, unha das metades da dirección da escola.
Desde os 3 aos 75 anos. Non hai idade para aprender ou perfeccionar os estudos de Música e en particular dun instrumento. 150 alumnos acolle a Escola de Música BellónMaceiras de Fene neste curso escolar que acaban de comezar neste mes de setembro. É o noveno curso que inaugura a escola ubicada na rúa Antonia Montero de Perlío polo que se pode decir que xa é un centro consolidado. Escoitamos de seguido a conversa con Diego Maceiras, unha das metades da dirección desta escola de música que conta cun plantel educativo de músicos consagrados e en activo que teñen o divertimento como obxectivo pedagóxico. Unha escola de música diferente. Falamos con Diego Maceiras, do curso que empeza e do funcionamento da escola.
Comentarios
É un gusto contar con esta
Publica o teu comentario agora