Tocou o cupón da ONCE en Fene, 1.470.000 €

Tocou o cupón da ONCE en Fene, 1.470.000 €

30 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moitos veciños do barrio de San Valentín ergueronse esta mañán máis ricos que onte. Case un millón e medio de  euros do sorteo da ONCE celebrado onte á noite caeron no barrio de Fene (A Coruña) entre os veciños que adquiriron o numero 90.645 na tenda-estanco de Lourido. En concreto, 42 familias resultaron agraciadas cada unha con 35.000 euros.

Alí deixou os cupóns deste numero a vendedora Olga Saavedra que esta mañán amosábase encantada de repartir a sorte no seu pobo. Ela mesma fíxose cun billete do numero 90.645 e polo tanto cos 35.000 € correspondentes a cada billete.

Hai moitos anos que esta vendedora do cupón da ONCE non repartía un premio tan importante. Ela soe vender personalmente diante da panadería Pan Perlio todas as mañáns amáis de repartir cupóns en diferentes establecementos. Hoxe a sorte tocou ao estanco de San Valentín con un 1.470.000 €.
As agraciadas son maiortariamente mulleres que mercan neste establecemento de ultramarinos a diario, segundo a vendedora Olga Saavedra, quen esta mañán, ás portas de Pan perlío, derrochaba alegría nos micrófonos de Radio Fene.

 

San Valentín é un barrio construido nos anos 70 a iniciativa dunha cooperativa de traballadores de Astano. A entidade constituiuse en 1967 figurando como presidente Maximino Souto Balado. As primeiras 384 vivendas remataronse en 1970. Cinco anos máis tarde entregaríanse as vivendas da segunda fase. En moitos deses domicilios de traballadores, viviuse hoxe un dia especial tras recibir o premio da Organización Nacional de Ciegos. 

Sociedade