Toda unha vida

Toda unha vida
11 de Abril, 2019 - 12:53 h. | Publicada por Radio Fene

640 traballadores de Navantia comezaron a asinar as súas prexubilacións. Son empregados de sesenta e un anos ou máis. Saen retirados dos estaleiros de Ferrol e Fene. Sindicatos e empresa aínda deben precisar a cantidade de prazas que se cubrirán con xente nova. A cifra de incorporacións oscilará nos estaleiros da ría de Ferrol entre os 235 e os 293 neste ano 2019. Con caracter xeral, e no conxunto de Navantia haberá unha taxa de reposición do 75%.

ESCOITA O PODCAST:
Manuel Grandal, secretario comarcal da CIG e traballador de Navantia Ferrol

Cunha sensación agridoce principiaron a asinar a prexubilación os traballadores de Navantia maiores de sesenta e un anos. 127 correspondían a antiga Astano e 513 á Bazan. Marchan para casa coa satisfacción do deber cumprido, pero cunha certa incerteza do futuro do sector naval. Haberá unha cobertura do setenta e cinco por cento das prazas con xente nova, segundo precisou o secretario comarcal da CIG e traballador de Navantia Ferrol. Manel Grandal.

No conxunto da empresa convocaránse neste exercicio 563 prazas. Sindicatos e dirección de Navantia terán aínda que precisar a cifra de prazas de novos traballadores que se creará en cada un dos estaleiros da ría. Tamén fixarán a forma de acceso ao emprego. A 31 de decembro de 2018 o cadro de persoal situábase en 225 persoas en Fene e 1819 en Ferrol. Despois das prexubilacións desta mañá, a medida continuará xa a un ritmo máis pausado en 2020 (16 en Fene e 101 en Ferrol), 2021 (20 e 93) e 2022 (20 e 77). En conxunto o expediente afectará a 183 traballadores en Fene e 784 en Ferrol. 

 

“Nunca pensei que tería que irme da empresa cun ERE de despido” Quen así fala é un dos traballadores de Navantia que sairon xubilados da empresa ao ter cumpridos 61 anos. Manuel Pico levaba 50 anos ligado ao estaleiro, 45 deles na empresa principal. Seu pai tivo que firmarlle o permiso para traballar porque so tiña 13 anos cando entrou nunha compañía auxiliar. Seiscentos cuarenta empregados iniciaron esta mañá unha nova forma de vida. Xa non terán que madrugar para acudir ao estaleiro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora