Todas as Rosalías

Todas as Rosalías
25 de Xullo, 2019 - 08:57 h. | Publicada por Radio Fene

Conxo, Padrón, Santiago de Compostela, Lugo, Vigo, Madrid,... Todos eses lugares reivindican a Rosalía de Castro e todos con razón, segundo argumentou o presidente da Fundación Rosalía Anxo Angueira no Seixo en Mugardos. "Despois deste libro, tamén o Seixo e Mugardos entran na xeografía da autora de Cantares Gallegos, indicou no acto de presentación do libro A festa do Seixo na beira do mar. Rosalía de Castro e a fábrica

Amigos da Paisaxe Galega. O Seixo. Mugardos

No acto tamén interviron os autores do libro Xan Carneiro, Jorge Gómez, Miguel Rodriguez e Henrique Sanfiz, así como a alcaldesa de Mugardos Pilar Díaz. Polos datos expostos no libro, indicaron que O Seixo e Mugardos poden incorporarse de pleno dereito á xeografía de Rosalia de Castro, a escritora que “perseguía conscientemente en Cantares Gallegos, a defensa da patria e da lingua, unha patria humillada e unha lingua ridiculizada”, segundo Carvalho Calero. A súa obra, a defensa da muller, das persoas máis desfavorecidas, do idioma e da nación galega continúan, séculos despois, a despertar interese na intelectualidade de todo o mundo e o fervor de persoas lectoras dos cinco continentes. Na presentación celebrada o 24 de xullo no Seixo, convidouse ao público que enchía o salón de actos da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega a ler a Rosalía, a Cantares Gallegos, a Follas Novas ou calquera dos seus libros.

Cultura

Publica o teu comentario agora