Todo é química

"Outras químicas" titúlase o monologo de Carmen Méndez
14 de Novembro, 2018 - 12:13 h. | Publicada por Radio Fene

A actriz Carmen Méndez é a seguinte protagonista do ciclo de monólogos "Novembro, Mes do Humor" no que presenta o venres 16 de novembro o monólogo "Outras químicas". Poidemos vela na TVG en series como Serramoura ou Pazo de Familia.

A actriz galega Carmen Méndez é a seguinte protagonista do ciclo de monólogos "Novembro, Mes do Humor" que promove a Concellería de Cultura de Fene. Traerá ó Museo do Humor o seu espectáculo "Outras químicas" este venres, 16 de novembro, a partir das 20 horas. A entrada é de balde pero con necesaria retirada de convite –dúas por persoa-, o mesmo venres a partir das 18,30 horas na conserxería da Casa da Cultura.

“Outras químicas” é unha confesión e unha terapia de grupo. Segundo a propia actriz, era unha tola por controlalo todo e, aínda que buscou solución, a química xogoulle unha mala pasada, xa que se namorou dun pimpín. Para descubrir máis da historia, este venres hai cita con Carmen Méndez. 

A actriz naceu en Neira de Rei (Lugo) e é enxeñeira química. Estudou inicialmente interpretación na escola Réplika Teatro, formándose máis recentemente con Fernando Piernas. En cine ten participado na longametraxe Bad Investigate, da productora Lightbox Filmes e protagonizado Pelerinaxes, longametraxe documental dirixido por Simone Saibene que gañou ex-aequo o primeiro premio na sección Televisión no Festival de Cinema de Avanca (Portugal). En televisión traballou durante sete tempadas na serie da TVG Pazo de Familia, personaxe polo que foi nominada en dúas ocasións ós Premios Mestre Mateo como Mellor Actriz de Reparto e acaba de participar en Serramoura.

Cultura

Publica o teu comentario agora