Todo listo para a XIII Andaina Vila de Allariz

Todo listo para a XIII Andaina Vila de Allariz

12 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A concellería de Deportes do Concello de Allariz vén de presentar a décimo terceira edición da Andaina Vila de Allariz, que se celebrará o vindeiro 22 de maio. Esta actividade, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998, desde entón a súa popularidade e número de participantes non parou d

Na presentación aos medios, a concelleira de Deportes, Elena Suárez, máis Willy, técnico colaborador na Andaina expresaban as características que fan desta andaina, unha proba deportiva dedicada aos participantes “verdadeiros protagonistas do evento”

A Andaina Vila de Allariz é unha “das poucas andainas con preto de 1000 participantes, na que os participantes son o prioritario” Con esta filosofía o concello de Allariz pon a disposición dos camiñantes servizos como transporte dende Ourense, con saída no Parque de San Lázaro ás 7:45h con regreso ó remate da proba, servizo de gardería para nenos e nenas de 3 a 10 anos, sempre que haxa un mínimo de 8 nen@s e masaxistas a partir da 13:00h.

Incorpóranse este ano novidades adicadas á mellorar o benestar dos participantes. Comezando polo avituallamento habitual que abrangue menús para persoas celíacas e vexetarianas, continuando pola eliminación de tarxetas de control substituídas pola impresión do código de barras no dorsal do participante e rematando cun novo agasallo, un gorro especial “para concienciar á xente de que hai que camiñar protexidos do sol”

O prazo para inscribirse estará aberto dende o 3 ao 19 de maio na Piscina Municipal de Allariz, onde ofrecen toda a información precisa (teléfono 988 442083).

Institucional