Todo pequeniño

Tratase de tres lavabos e catro retretes adaptados ao alumnado de educación infantil
31 de Maio, 2019 - 11:18 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello habilita no CEIP Centieiras un novo aseo para o alumnado de Infantil.  A Concellería de Obras investiu 15.488 euros na intervención.

O alumnado de Educación Infantil do CEIP Centieiras conta dende esta semana cun novo aseo no centro, próximo ás súas aulas e adaptado ás súas alturas e necesidades. O alcalde, Gumersindo Galego, explicou que a intervención realizada polo Concello cun investimento de 15.488 euros respondeu a unha demanda planteada pola comunidade educativa do CEIP. A construción levouse a cabo aproveitando unha zona do pasillo e os traballos contemplaron o cambio de fiestra, a renovación do chan, o alicatado das paredes, a instalación dun termo de auga quente e a instalación de tres lavabos e máis catro retretes.

Institucional

Publica o teu comentario agora