Todo sobre Sillobre

Todo sobre Sillobre

28 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Agarimo de Sillobre- Fene-recibe este domingo a visita do escritor e exministro de Cultura, César Antonio Molina. O narrador recollerá o “I Premio Terra de Escandoi” a toda a súa carreira literaria e presentará o seu último libro “Zhivago”. Os actos, organizados pola Sociedade Agarimo, desenvolveranse o domingo 31 dende as sete da tarde nos locais da propia Sociedade de Sillobre. Despois virán en Agarimo, o Entroido e os depor

Encontro con Molina

O acto denomínase "Encontro con César Antonio Molina na Terra de Escandoi" e discurrirá, primeiro coa presentación do libro “Zhivago” para seguir coa proxección da película inspirada no personaxe creado por Boris Pasternak, premio Nobel de Literatura. Todo un orgullo  para Sillobre, segundo palabras do directivo de Agarimo, Julio López. Nesta última obra “Zhivago” que presentará o domingo en Sillobre, César Antonio Molina achéganos á vida de Boris Pasternak, autor da novela “Doctor Zhivago” publicada en 1957 en Italia e en 1988 na URSS. Pasternak foi galardonado co Premio Nobel de Literatura en 1958, pero tivo que rexeitalo debido á presión gubernamental. 

Os impostos

O IBI que deben pagar as sociedades de Fene é inxusto, segundo palabras de José Sardiña. Agarimo debe pagar anualmente uns 2.500 euros de IBI e a maiores os impostos municipais. Todas as sociedades teñen reclamado diante do concello que se modifique a Ordenanza fiscal e que se beneficie ás sociedades porque son un ben para todos os veciños-as, segundo o directivo, José Sardiña.

O Entroido

Tras este actos máis solemnes, Sillobre métese de cheo no Antroido. A festa será o 20 de febreiro, cun concurso de postres pola tarde e denoite o baile de disfraces, actos aos que se referiu esta mañá en RF, o presidente de Agarimo, Eloy Sardiña.

Os deportes

A Sociedade Agarimo non deixa de lado as actividades deportivas e planea xa para a primavera, a Ruta BTT, unha Andaina en maio e unha Carreira popular en xuño. Jorge Mosquera é o responsable da área deportiva da entidade.

Sociedade