Todos os pasos fan ruído

Temos obra gañadora do Premio de Poesía Pérez Parallé 2020
02 de Novembro, 2020 - 02:33 h. | Publicada por Radio Fene

A gañadora do Pérez Parallé, Sara Plaza, é mestra e traductora. Se as circunstancias sanitarias o permiten, a entrega do premio no CMI está fixada para o dia 21 de novembro.

ESCOITA O PODCAST:

A mestra de profesión e traductora madrileña Sara Plaza alzouse co premio de poesía Perez Parallé convocado polo CMI e o Concello de Fene na súa XXXIII edición. “Todos os pasos fan ruído” é o titulo da obra escollida polo xurado que este ano conformaron, Carlos Lixó, Lucía Novas  e Iris Cochón. Plaza alzouse co galardón entre as 76 obras presentadas ao premio.

O libro gañador foi escrito durante  o confinamento "sen mais pretensión que escribir para os afectos" afirma a escritora a quen animaron os amigos a presentarse ao premio. O poemario divídese en tres partes, cun escenario de fondo que é o propio confinamento, Pero "Todos os pasos fan ruído" fala de moitísimo mais.

A todo o mundo lle chama a atención que a galardoada chegase a vivir a Lugo desde Madrid hai só un ano e nese tempo teña os coñecementos que ten do noso idioma. Ela contesta que "todo é querer" Ven decir que para adentrarse en Galicia e a súa realidade, un dos medios máis relevantes é o idioma. O CMI Unidade de Fene fixou o acto de entrega do premio o sabado dia 21 de novembro. Agárdase a presencia de Sara Plaza ese dia en Fene para recoller o galardón en metálico e a publicación do poemario na editorial Espiral Maior.

 

(Na imaxe, Rexina Touceda presentando o poemario premiado na edición anterior)

Cultura

Publica o teu comentario agora