Tolos e tolas polo fútbol

O campus de futbol do Club Deportivo Lugo chega o luns 8 de xullo ao campo do Pote en Maniños.
02 de Xullo, 2019 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

Aínda hai prazas para o Campus de Fútbol que dirixe o Club Deportivo Lugo no campo do Pote de Maniños (Fene). Os destinatarios son nenos e nenas de entre 6 e 16 anos.

ESCOITA O PODCAST:

Empeza dentro dunha semana e aínda quedan prazas. Un ano máis o Cultural Maniños organiza o Campus de verán de futbol en colaboración co Club Deportivo Lugo. Vai destinado a rapaces e rapazas nacidos do 2003 ao 2013 (entre 6 e 16 anos). Desenvolveráse a semana que ven, do 8 ao 12 de xullo, con sesións diarias de nove e media da mañá a duas da tarde.

Con nos estivo esta mañá o coordenador do Campus do Club Deportivo Lugo, Julián Castaño, a quen preguntamos qué poden esperar familias e rapaces deste campus. A resposta foi que un adestrador por cada dez nenos e nenas e un adestrador especial de gardameta. Ademais terá a súa parte lúdica coa práctica doutros deportes e, o voves 11, unha excursión á cidade das murallas para coñecer as instalacións deportivas do Lugo, equipo de segunda división. Inclúe baño na piscina. O último dia, o venres 12, entréganse aos participantes os diplomas acreditativos.

(Na imaxe, o I Campus en Maniños no 2018)

Deportes

Publica o teu comentario agora