A tortilla galega no Aturuxo de Boiro

A tortilla galega no Aturuxo de Boiro

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

¿Cómo se prepara a tortilla galega? Os que queiran descubrir cando menos o seu sabor, aspecto e consistencia, deben acudir ao xantar aniversario do local social Aturuxo de Boiro. Para o sábado 21 anuncian nesta vila un completo programa de actividades. Queren festexar que levan un ano abertos.

O menu do xantar consistirá en empanadas variadas, churrasco, crioulos, salada, tortilla galega e contarán tamén con alternativa vexetariana. E necesario formular a reserva previa e abonar 10 €. Pero as actividades comezarán as 12 do mediodía cunha festa con charanga na Praza do Concello. As seis da tarde disputaráse unha gimcana de xogos populares. Competiráse á billarda, chave, carreira de sacos e bolos celtas. As oito reanudaráse o baile con gaiteiros e as once comezará un concerto no propio local social. As persoas que desexen apuntarse poden facelo no correo electrónico localsocialbarbanza@gmail.com

 

Segundo afirman os propios membros da entidade, “a asociaçom Aturujo somos um grupo de rapazes e rapaças que tras moito trabalho conseguimos abrir um Centro Social na Barbança para dinamiçar o tecido associativo e cultural. É um projecto cujos objectivos som a dignificaçom e o espalhamento da língua e cultura galegas, a livre expressom e o movimento social ante a desgaleguizaçom que sofre o pais em geral e zona na que vivemos em concreto, luitar contra das injustiças sociais... e oferecer tambem umha alternativa lúdica diferente à que nos tem acostumad@s esta sociedade de consumo”.

Cultura