Total normalidade

Total normalidade
23 de Xullo, 2023 - 08:13 h. | Publicada por Radio Fene

“A xornada desenvolveuse con total normalidade” destacou a subdelegada do goberno na Coruña María Rivas. “Temos unha estrutura moi profesional e no proceso de constitución das mesas, nas forzas de seguridade, no persoal das administracións locais, ,oficinas do INE e do censo electoral e nos carteiros e carteiras de Correos, fixeron que poidamos falar dun éxito nas eleccións” apuntou a delegada gobernativa.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita á subdelegada do goberno na Coruña María Rivas:

http://173.255.131.18/audio/230723RIVAS.mp3

Fotografia Xan Xe

Na Coruña 56.516 persoas exerceron o seu dereito a voto por correo, unha cifra notablemente superior ás anteriores eleccións. “Iso significa que vai haber máis traballo no peche dos colexios e retrasará o inicio do reconto” apuntou Rivas. “Hai tres puntos por riba da cifra de 2019 e iso significa que a xente cando quere votar, vota, haxa vacacións ou calor”. 

Tres anos

Unha muller presentouse co seu fillo de tres anos na mesa electoral xa que non tiña con quen deixalo. A xunta electoral determinou enviar a unha persoa para substituíla e liberouna do compromiso coa xornada.

 

Imaxe dun colexio electoral en Fene

Fotografía Xan Xe

Institucional

Publica o teu comentario agora