Touriño marcha do Horreo

Touriño marcha do Horreo

10 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentou hoxe a súa dimisión como deputado á presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo.

O ata agora parlamentario socialista foi presidente da Xunta na pasada lexislatura, entre o 2005 e o 2009. Ocupaba un escano no Hórreo desde 1997. O pasado 2 de marzo cumpriuse un ano da súa dimisión ante a Executiva do seu partido, un día logo das eleccións autonómicas nas que PPdeG conseguiu a maioría absoluta e que situaron a Alberto Núñez Feijoo á fronte do Goberno galego. 

Touriño participou hai uns meses nun acto do Partido Socialista na Casa da Cultura de Fene. Valorou no pasado mes de decembro o seu paso pola presidencia da Xunta. Salientou que Galicia sempre ocupara o furgón de cola no ranking de crecemento das comunidades autónomas. Entre o 2005 e o 2008 pasou ao primeiro posto e rebaixou de xeito considerable a taxa de paro. Emilio Pérez Touriño, ex-presidente da Xunta de Galicia presentou esta mañá no Parlamento a súa dimisión como deputado.

Sociedade