ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Duplicar o esforzo orzamentario en materia de cooperación ao desenvolvemento e aumentar o número de bolsas para os voluntarios foron as últimas propostas do candidato socialista á Xunta de Galicia. Emilio Pérez Touriño realizou estas promesas en Santiago, na
Touriño admitiu que o traballo na materia durante a última lexislatura foi “de mínimos”. Nese senso, explicou que cando chegou ao Goberno da Xunta partiron practicamente de cero, xa que “non existía ningún instrumento que canalizase as enerxías da sociedade” . Por esa razón, explicou, crearon a Dirección Xeral de Cooperación Exterior.
O candidato do PsdeG comprometeuse en multiplicar as cantidades dirixidas á solidariedade. O obxectivo final, asegurou, é o de destinar o 0,7% dos presupostos públicos á cooperación internacional.