Tráfico monta un dispositivo especial de control pola ponte do 25

Tráfico monta un dispositivo especial de control pola ponte do 25

22 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A ponte festiva do 25 de xullo márcase en vermello no calendario da Dirección General de Tráfico, que agarda máis de 636.000 desprazamentos na rede viaria galega durante a operación especial chamada “Santiago 2011”, que principia as tres desta tarde e culminará ao rematar o luns 25 de xullo. Galicia rexistrará até un 11 por cento dos case 6 millóns de viaxes por estrada previstos no conxunto do Estado

O dispositivo de control programado por Tráfico estenderase a todo o mapa de estradas do Estado, pero con especial atención a Castela-León, Madrid, Navarra, País Vasco e A Rioxa, que tamén festexan o día 25. No caso galego, a atención concentrarase sobre todo na autoestrada AP9; as autovías A-6, A-52 e A-55; e nas estradas N-550 e N-634.

Sociedade