Traballadores do sector da alimentación inician as súas protestas

Traballadores do sector da alimentación inician as súas protestas

23 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Medio cento de traballadores do sector da alimentación concentráronse esta mañá ás portas que do establecemento que a cadea de supermercados Froiz ten na praza de San Amaro de Ferrol, para reclamar melloras laborais e salariais no convenio colectivo deste sector. O calendario de movilizacións deste colectivo, no que traballan arredor de 17.000 persoas na comarca de Ferrolterra, continuará mañá martes día 24 cunha concentración dian

Tras esta primeira concentración os traballadores encabezaron unha marcha ata o supermercado Gadis situado na Avenida de Esteiro. Os traballadores concentrados portaron unha pancarta có lema Por un convenio digno !malo será! en clara alusión irónica á campaña publicitaria que está a desenvolver a cadea de distribución Gadisa. Os representantes sindicais suliñaron a importacia que estas movilizacións teñen na nosa comarca pois nunca ata o de agora se tiñan convocados paros neste sector.As centrais sindicais UGT, CCOO e CIG convocaron de xeito unitario estas protestas para reclamar un incremento salarial superior ó 1 por cento ofrecido pola patronal do sector que baralla incluso a posibilidade de conxelar os salarios dos traballadores para os próximos tres anos.Os sindicatos reclaman para o novo convenio colectivo nas provincias de A Coruña e Pontevedra unha suba de 55 euros mensuais, algo que, en palabras do responsable da UGT neste sector, Álvaro Cagigal, sería o máis acorde có índice de incremento salarial en Galicia situado non tres con coarenta e cinco por cento nestes momentos. Outra das reivindicacións refírese ás categorías profesionais deste sector que en opinión dos sindicatos seguen sendo moi baixas e cunha responsabilidade maior en relacción ós salarios que perciben, polo que solicitan unha regulación máiis precisa neste apartado. No referido á xornada laboral, establecida agora mesmo en 1812 horas anuais, as centrais sindicais solicitan é patronal unha rebaixa mínima de 30 horas ó ano, é dicir que a xornada quedaría establecida en 1780 horas. A nivel rexional os sindicatos celebrarán tamén hoxe unha concentración perante o centro de distribución de Gadisa no polígono de Piadela (Betanzos) e no polígono industrial de Poio nas instalacións da cadea de supermercados Froiz. As protestas continuarán ó longo desta semana con diferentes concentracións ás portas dos establecementos. Finalmente se as negociacións non se desbloquean perto de 30.000 traballadores están chamados a participar nunha folga deste sector prevista para o vindeiro venres día 27. O peche afectaría as empresas de distribución como Gadisa, Froiz, O Arbol, Lidl, Hiperxel así como a tendas minoristas e distribuidores a menor escala. Outras como Dia, Mercadona ou Eroski teñen o seu convenio de empresa a nivel estatal polo que non participan nesta negociación. Do mesmo xeito se o conflicto non se solucionase logo destas movilizacións as centrais sindicais anunciaron a convocatoria dunha folga indefinida prevista para o vindeiro día 9 de decembro.

Sociedade