A traballar a Inglaterra

A traballar a Inglaterra
08 de Decembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

A exposición As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido pódese visitar no Kiosko Alfonso da Coruña ata o 14 de xaneiro. Relatase a cartografía emocional da xente de Galicia que foi traballar a Inglaterra na década dos anos sesenta

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Xesús Fraga, comisario da mostra "As viaxes do Monserrat"

http://173.255.131.18/audio/051223FRAGA.mp3

Fotografia Exponav

A mostra recupera aquelas viaxes entre os portos galegos e británicos. Ía xente de Betanzos, Cambre, da Coruña pero tamén de Cariño e Ortigueira. O Monserrat e o seu xemelgo o Begoña realizaron aqueles traxectos. Entre 1960 e 1974 uns 250.000 galegos e galegas deixaron a terra con dirección a Inglaterra. Na exposición ocupan un lugar destacado os planos do Monserrat realizados en Astano.

 

 

Imaxe do Begoña a reparar en Astano en 1973. Fotografía Exponav

Sociedade

Publica o teu comentario agora