Traballo decidirá a vindeira semana sobre o ERE de Poligal

Traballo decidirá a vindeira semana sobre o ERE de Poligal

26 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As liñas de producción, cortadoras e metalizadoras traballan a pleno rendemento. A dirección impón un calendario laboral 2010 sen parada productiva e con esixencia da xornada máxima anual. Con esa situación os traballadores de Poligal (fábrica de plástico en Narón A Coruña) non entenden a tramitación dun expediente de regulación de emprego.

Un expediente de regulación de emprego debe garantir a viabilidade dunha empresa. Pretende manter os postos de traballo e evitar peches. No caso de Poligal, queren utilizar o ERE para correxir balanzos económicos negativos e ocultar defectos de xestión, segundo o presidente do comité de empresa Sindo Pena. A Consellería de Traballo emitirá a súa resolución sobre a regulación de emprego solicitada por Poligal a vindeira semana. Antes o inspector técnico de traballo emitirá un informe non vinculante.

O comité de empresa de Poligal entrevistaráse ás cinco e media desta tarde co subdelegado da Xunta na provincia da Coruña Diego Calvo. Mañá xoves acudirán aos Concellos de Ferrol e Narón. Poligal pertence ao grupo Perelada, e posue as súas instalacións  no polígono da Gándara en Narón. Adícase á fabricación de polipropileno. Conta na actualidade con 168 emrpegados, dos que 120 se incluien no expediente de regulación de emprego. Sairían regulados cando o decidise a dirección da empresa cobrando durante un máximo de 4 meses o 70% da base reguladora. O expediente abarcaría todo o 2010, segundo a proposta da xerencia de Poligal. A Consellería de Traballo decidirá a vindeira semana se autoriza ou non o citado ERE.

Sociedade