A tradición das penlas en Redondela

A tradición das penlas en Redondela

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Redondela vístese de longo estes días coa celebración da Festa da Coca, declarada de interese turístico galego no 2001. O día grande dos festexos foi onte, coincidindo coa data do Corpus, festivo local na localidade. O tempo acompañou ás celebracións e puido levarse a cabo as tradicionais “Danza das espadas” e a “Danza das penlas”. Esta última, segundo o historiador José Martínez Crespo, trátase dun p

Crespo, responsable da exposición “A coca en mil imaxes” que se pode visitar no Multiusos da Xunqueira, reivindica e fai un chamamento para protexer a Danza das Penlas. “É algo moi delicado. Que exista esta danza hoxendía resulta unha milagre, case é un fósil”, subliñou o historiador. Asemade destacou a importancia da transmisión desta tradición dunhas mozas a outras. 

As alfombras florais do Corpus tamén foi obxecto de admiración por parte de veciños e visitantes. Persoas de fóra calificábannas de auténticas obras de arte. As celebracións continúan esta fin de semana no casco antigo de Redondela, cunha recreación medieval con postos tradicionais de artesanía, cerámica ou bisutería. Asemade haberá xogos tradicionais e talleres demostrativos onde os visitantes se poden implicar como os xogos do Camiño de Santiago.

Sociedade