As tradicións na voz poética de Noelia Gómez

As tradicións na voz poética de Noelia Gómez
07 de Febreiro, 2019 - 12:24 h. | Publicada por Radio Fene

A relación das mulleres novas coas tradicións e co mundo rural ocupa a voz poética de Noelia Gómez. Con libro O xiro gañou o Premio Gonzalo López Abente. Agora ve a luz da man de Edicións Xerais.

ESCOITA O PODCAST:
O xiro de Noelia Gómez no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

O proceso de urbanización é unha constante en todo o mundo desde hai décadas. Abandonase o medio rural, pero non se deixa a lembranza nen a saudade pola casa, polo lugar onde naceron as persoas maiores. Quizais naza nese proceso o libro de poemas O Xiro de Noelia Gómez. A perda da casa de orixe e dos membros da familia que nela habitan é o xerme deste poemario no que Noelia Gómez adopta a voz poética de toda unha colectividade: as nenas da aldea que abandonan o seu entorno de orixe. «Neste percorrido hai unha vontade de falar de todas esas rapazas que, coma min, nacemos e medramos no rural. Pero que agora estamos noutro lugar rachando coa tradición da nosa familia e todo o que iso implica, que vai dende a relixión católica á idea da muller como un ente relacionado co fogar», explica a escritora.

Cultura

Publica o teu comentario agora