Traducir é unha forma de amar

Traducir é unha forma de amar
16 de Maio, 2019 - 11:40 h. | Publicada por Radio Fene

Ngũgĩ wa Thiong’o é unha icona da literatura africana. Escrebe nos idiomas de Kenia, o kikuyu e o swahili e critica ao colonialismo e ao imperialismo. O relato de A revolución vertical lembranos que todos somos ún, e que na nosa uidade temos o poder de transformar o futuro que esperamos para nós mesmos.

ESCOITA O PODCAST:
Conversa sobre o libro "A revolución vertical" de Ngũgĩ wa Thiong’o

Dicia Italo Calvino que "un clásico é un libro que ten unha mensaxe para cada época da vida". Segundo o director da editorial Galaxia Francisco Castro, este volume ten todas as posibilidades de convertirse nun clásico. O autor alenta a idea dun único movemento global que incluia ao pacifismo, o antiimperialismo, o feminismo e a loita contra o racismo e contra o neoesclavismo.

Galaxia optou por traducir este libro porque "traducir é unha forma de amar", amar á lingua orixinal e á lingua á que traducimos, segundo Castro. "Non podemos aceptar un munod en que o esplendor duns poucos se basea na miseria de moitos" indica o autor da "Revolución vertical".

Cultura

Publica o teu comentario agora