Trago a trago

Aprazouse o enfrentamento do Cultural Maniños co Galicia de Mugardos ao 3 de marzo.
12 de Febreiro, 2019 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

As mulleres do Cultural Maniños solventaron o choque co San Sadurniño na última xornada sen sobresaltos. Terán agora dúas semanas para preparar o partido contra as primeiras do Galicia de Caranza.

ESCOITA O PODCAST:

Maniños 4- San Sadurniño 1 é o marcador final do outro encontro protagonizado por un equipo de Fene na Liga feminina de Futbol 8. As rapazas do Maniños fixeron un gran partido, en palabras do técnico David Montero quen dixo en favor das rivais que chegaron ao encontro en cadro. As xogadoras do Maniños tiveron un papel sólido en defensa. E o gol tamén as acompañou con catro que entraron, executados por Mónica no minuto 5 do encontro, Ana Ramos meteu o segundo, Su o terceiro e, xa no minuto 59, Cris executou o cuarto e definitivo tanto.

O Maniños feminino adiará o encontro desta semana co Galicia de Mugardos, tras chegar a un acordo co equipo da Pedreira. Ese encontro se xogará o domingo 3 de marzo, ás 11 da mañá no campo da Pedreira. Así terán dúas semanas para preparar o choque coas líderes do Galicia de Caranza que sorpresivamente pinchou na última xornada. As ferrolás teñen neste momento 49 puntos e as fenesas 37. Semellan inalcanzables pero gañando o Maniños xa se pon a nove puntos. O enfrentamento entre as primeiras e segundas clasificadas xogarase no campo do Pote. Cultural Maniños- Galicia de Caranza, o sabado 23 ou o domingo 24 de febreiro.

Deportes

Publica o teu comentario agora