Tramitan reclamacións por cobros irregulares de Unión Fenosa

Tramitan reclamacións por cobros irregulares de Unión Fenosa

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Redondela reclamará a Fenosa a revisión da facturas emitidas irregularmente nos meses de decembro e xaneiro. Ante o aluvión de queixas recibidas na OMIC, os responsables municipais decidiron xestionar estas queixas e presentar unha denuncia ante Unión Fenosa. Segundo explicou a concelleira responsable do departamento, Isabel Castro Piedras, o obxectivo último é conseguir que a empresa eléctrica devolva aos usuarios as cantidades cobradas irregularmente

A edil explicou que as queixas responden a que se están cobrando os consumos de decembro ao prezo actualizado que entrou en vigor no inicio do ano e ademais estánse a penalizar a algúns consumidores por supostos consumos superiores a 500 watios.

 

 

Os usuarios que queiran realizar unha denuncia a través da Oficina de consumo deberán presentar a factura resumen do ano, así como as facturas correspondentes aos meses de decembro e xaneiro, é decir, aquela que recolle o consumo estimado e a posterior coa lectura real. Tamén deberán realizar previamente unha reclamación en Fenosa e entregar unha copia co resto da documentación na OMIC.

 

Unha iniciativa que se ven a sumar as realizadas por outros colectivos como a Asociación de consumidores de Galicia quen xa presentou unha denuncia contra Fenosa na Consellería de Industria.

 

Sociedade