Transformar noticias urxentes en literatura

Transformar noticias urxentes en literatura
22 de Febreiro, 2019 - 02:07 h. | Publicada por Radio Lugo

“Eu sempre tiven a tendencia de transformar a noticia máis urxente en literatura” afirmaba Alvaro Cunqueiro. O autor de Merlín e familia indicaba nunha das súas últimas cartas remitida canda un artigo sobre Rosalía: “Non me queixo das miñas enfermedades nin desas inxustizas literarias ás que vostede se refire. O que verdadeiramente sinto é non estar no meu Mondoñedo, para vagabundear polos camiños do outono”.

Estatua de Álvaro Cunqueiro diante da catedral de Mondoñedo

Don Álvaro enviou á revista Los Cuadernos del Norte un conmovedor retrato sobre Rosalía de Castro. Empeza cunha evocación da tristura e remata cun canto á soidade da escritora: “Soa. Quizais debera titularse así o capítulo adicado a Rosalía nas historias da literatura: soa. Se é que Rosalia é literatura”. Alvaro Cunqueiro morreu o 28 de febreiro de 1981.”Cunqueiro, un home que se parecía a Juan Cueto” é un artigo de Miguel Somovilla publicado no último número da revista Tempos Novos (febreiro 2019).

Cultura

Publica o teu comentario agora