Transporte gratuíto para acudir á manifestación en defensa do galego

Transporte gratuíto para acudir á manifestación en defensa do galego

07 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Concellaría de Normalización Lingüística de Redondela pon a disposición de todos os veciños e veciñas, autobuses para acudir a Santiago de Compostela o 17 de maio, con motivo da manifestación convocada pola Mesa de Normalización Lingüística no Día das Letras Galegas. A viaxe é de balde e para reservar praza é preciso chamar o departamento de Participaci&oacute

O prazo para inscribirse remata o día 15 de maio. O autobús partirá ás dez da mañá da depuradora de Santa Mariña e regresará a Redondela ao remate da manifestación que se celebra na Alameda de Santiago de Compostela as doce do mediodía. A marcha percorrerá a capital baixo o lema “O galego, a nosa columna vertebral.

 

A concelleira de normalización, Anxeles Babarro apoia con esta iniciativa o “Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego” no que se sostén que a situación do galego está moi lonxe de ser oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Un texto no que se lembra ademais que os galego falantes non gozan de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a súa vida diaria con normalidade en galego.

Cultura