Tras as Festas de Verán, Ferrol retoma o ambiente festivo coas Festas da Parrocheira

Tras as Festas de Verán, Ferrol retoma o ambiente festivo coas Festas da Parrocheira

08 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha sardiñada no Peirao de Curuxeiras dará o chupinazo ás Festas da Parrocheira 2009 de Ferrol. Os festexos comezan o venres 11 de setembro e prolongánse ao longo de toda esa fin de semana. Gastronomía, procesión marítima e sobre, todo a música centrarán o programa festivo dunas festas onde predomina o ambiente e a temática mariña.

Non podía ser doutro xeito. As festas da Parrocheira iniciánse cunha sardiñada, en honra a este peixe do que toma o nome esta celebración. A degustación de sardiñas terá lugar o venres 11 de setembro ás oito da tarde no Porto de Curuxeiras.Tras a enchenta, principia o concerto nocturno na Praza Vella, “Parrockcheira”. Collection, Bang 74, Sweet Oblivion Band, Carrero Bianco e Gatehring Leopard interpretarán os seus temas animando á xuventude.

Na segunda xornada festiva, o sábado12 de setembro, un quinteto de música tradicional tocará polas rúas de Ferrol Vello caldeando o espiríto para as actividades  que se desenvolverán ao longo do día. Haberá, na Praza Vella, actividades de animación para os nenos. Ás sete do serán levarase a cabo o maratón fotográfico en horario nocturno, “ A Cor Fugaz”. Os produtos do mar e a música volven a ser protagonistas cunha mexilloada ás oito da tarde na Praza Vella. Nese mesmo escenario celebraráse o segundo dos concertos das festas , nos que participarán os grupos Coral, The Kanaloas, Os Chavales e M&N´S. 

O domingo 13 de setembro, conmemoráse a xornada grande das celebracións, o Día da Parrocheira.  Do Peirao de Curuxeiras partirá a Procesión Marítima.  Tras o percorrido polas augas da ría, actuará o Coro Toxos e Frores na Igrexa Parroquial do Socorro, onde tamén se celebrará unha procesión ás seis e media da tarde.

Tras as Festas do Verán 2009 de Ferrol,  e dun pequeno descanso de celebracións chegan as Festas das Parrocheira cun  programa gastronómico e musical para enfrontar o inicio do outono con folgos renovados.

Sociedade