Tras os pasos do río Belelle

Tras os pasos do río Belelle

21 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Fene organiza o domingo, 27 de Setembro unha ruta de sendeirismo á Fervenza do río Belelle. A cuota de inscrición é de 10,45 €. A saída será o domingo 27 de setembro ás 09,00 h. dende a Praza do Concello e discurrirá pola Rabadeña, Coto do Rei, Marraxón, Fervenza do Belelle, O Roxal e remate en Maciñeira. A ruta é guiada con explicacións

Aproximadamente ás 14,00 h un autobús recollerá ás persoas participantes e os levará ata a Praza do Concello. De xeito opcional haberá unha comida na Pizzería Leo´s (Avda do Concello,3; Fene). As persoas interesadas poden preinscribirse no Edificio de Formación e Emprego "Pancho Allegue", Avda. do concello s/n, en horario de 09.00 a 14.00 h.

 

Sociedade