Tres puntos e unha xornada menos

Tres puntos e unha xornada menos
02 de Marzo, 2020 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

Aínda que non gustou do partido e encaixaron tres goles, o Perlío sumou tres puntos moi necesarios para aspirar ao liderato. O Maniños descansa e podería ter o Perlío esa oportunidade na próxima xornada.

ESCOITA O PODCAST:

“Tres puntos máis e unha xornada menos” É o resumo que fai o técnico do Perlío do partido que o domingo disputaron co Cariño. A pesar da victoria, Chechu Piñeiro non está contento.

O Perlío adiantouseco gol de Iago no minuto 5 de partido. Tiñan o balón pero ao final perdíanse nos últimos metros, non definían. Fóronse relaxando e chegou o primeiro gol do Cariño. Gabeiras pon o segundo tanto no marcador, pero de novo hai relaxación e o Cariño empata. Marchan ao descanso co 2-2 no marcador. Arranca o segundo tempo cun gol en propia meta do Cariño que sube ao marcador (3-2). Xabi marca o cuarto no minuto 55. Parecera que estaba todo vendido pero ,aproveitando un erro, o Cariño volve acertar. Arredor do minuto 80 marcan Senra e Iago o cuarto e quinto do equipo dos Pinares.

De “partido raro” califícao Chechu Piñeiro, a quen lle preocupa que lles cheguen con tanta facilidade e ve que os goles recibidos poden perxudicarlles ao final da competición porque o Maniños non encaixa. O próximo encontro enfrontará ao Perlio co Cebarca, un equipo moi competitivo que cambiou de adestrador. Chechu quere aproveitar o descanso do Maniños para colocarse de primeiros.

Deportes

Publica o teu comentario agora