Trialaralá, trialaralá

O alumnado de Infantil do ceip Centieiras cantannos unha panxoliña e desexannos Bo Nadal
13 de Decembro, 2018 - 11:36 h. | Publicada por Radio Fene

Os máis pequenos e pequenas do colexio Centieiras de Perlío ( Fene) acompañaron aos seus compañeiros de sexto curso de primaria na visita a Radio Fene. So veñen cando queren cantar. E esta é unha ocasión especial pois, como ben dín na panxoliña, estamos no Nadal. É unha bendición velos pegados aos micros e abrazados entre eles e elas, xuntiños, entonando o retrouso, trialaralá.

ESCOITA O PODCAST:

Non nos podemos resistir a compartir con vos unha tremensa panxoliña, moderna e potente que canta o alumnado do Ceip Centieiras de Perlío (Fene) que hoxe nos visitaron coas suas cariñas limpas e sorrintes. O alumnado de Infantil do colexio Centieiras nos desexa cada ano, cantando, Felices Festas. Mañá escoitaremos as Crónicas de Centieiras, elaboradas polo alumnado de 6º de Primaria do mesmo centro escolar. Serán as últimas crónicas deste ano e por iso moi emotivas, cargadas de lembranzas para os mestres e mestras que marcharon do centro. De momento deleitémonos e enchámonos de espirito navideño cos máis pequenos e pequenas do colexio.

Cultura

Publica o teu comentario agora