Trinta e seis mil lapis ao día

Trinta e seis mil lapis ao dia
06 de Decembro, 2019 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

Trinta e seis mil lapis saían cada dia da fábrica Hispania instalada nas proximidades do porto de Ferrol. Unha das súas marcas era Johann Sindel, aludindo ao nome do técnico alemán do mesmo nome que traballaba na fábrica. Un dos empresarios que a puxera en marcha nos anos trinta fora Antonio Veiga López.

ESCOITA O PODCAST:
Ernesto López Naveiras, da agrupación instrutiva de Caamouco

Un interesante artigo de José Freire sobre Antonio Veiga e a fábrica de lapis Hispania de Ferrol publícase no número seis da revista A Tenencia. Tamén se fala de Juan Varela Grande que naceu en Limodre en 1875. Emigrou a Cuba en 1891 e inmediatamente obtivo emprego no almacén e tostadeiro de café Águila, situado na rúa do mesmo nome. Traballou alí por máis de medio século, chegando a ser dono absoluto do negocio. Contraeu matrimonio en 1905 coa cubana Teresa Álvarez Marlés, con quen tivo cinco fillos; Rosendo, Juan, Ángel, Dolores e Carmen.

“A Tenencia chega moi lonxe, viaxando da man de moitos veciños que no verán visitan a zona e solicitan exemplares. É unha forma de axudar a que todos os caamoucanos e os seus descendentes poidan ter a posibilidade de continuar vencellados a Caamouco” afirma a directiva da Agrupación Instrutiva de Caamouco (Ares) nesta publicación.

Sociedade

Publica o teu comentario agora