Tristeza & depresión

Tristeza & depresión
13 de Maio, 2020 - 12:11 h. | Publicada por Radio Fene

Tristeza e depresión non son o mesmo. Hai que fiar fino para discriminar entre unha e outra, máis nun estado excepcional como o que estamos vivindo. Diso nos fala José Barcia no espazo Vilanova desta semana.

ESCOITA O PODCAST:

A tristeza é unha reacción básica do ser humano pero pode confundirse coa depresión. O psicólogo José Barcia tenta establecer diferencias entre unha reacción e outra no contexto que estamos vivindo de alerta sanitaria. O confinamento pode provocar en nós un estado de ánimo máis baixo do normal pero iso non significa que precisemos un tratamento ao uso. Se esta situación se mantén no tempo, é normal a posible confusión. Para iso establece dúas diferencias esenciais; a máis relevante é que a tristeza soe estar relacionada cun evento concreto, soe estar motivada. Cando falamos dun estado depresivo, non ten unha xustificación fácil de detectar, é necesario indagar moito. A outra diferencia é se estamos diante dun estado permanente ou puntual. Aínda poderiamos comprobar se ese estado de ánimo nos permite manter relacións e ocupacións normais ou non. Cabe o risco, apunta Barcia, de que a tristeza chegue a converterse, co paso do tempo,  nun estado depresivo.

 

(Na imaxe, edificio na rúa da Fraga de Fene onde  apuxeron música ao confinamento)

Sociedade

Publica o teu comentario agora