A Trote co galego

A Trote co galego
20 de Decembro, 2018 - 09:43 h. | Publicada por Radio Fene

Esta tarde é a última oportunidade para ver en Ferrol a película en galego “Trote” dirixida por Xacio Baños e protagonizada por María Vázquez. Proxéctase ás seis da tarde nos Cines Duplex de Esteiro.

 

 

Trote de Xacio Baños protagonizada por María Vázquez

Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadaría e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir. Trote transcorre durante o fin de semana en que se celebra a Rapa das Bestas, a loita ancestral do home e o cabalo.  A aldea comeza a prepararse para a festa. Luís, o seu irmán maior, volve á casa familiar por uns días coa súa parella María. Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora