Tuenti socializa en galego

Tuenti socializa en galego

01 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

"A principal rede social da xente nova, Tuenti, hai xa algúns anos que incorporou o galego como unha opción normal, que escollen sen complexos cada día miles de mozas e mozos". Así o destaca A Mesa pola Normalización Lingüística, que na primeira edición do premio Abertos ao Galego decidiu premiar a candidatura presentada por unha empresa "nova e con fortísima proxección social" e que permite a "unión de mocid

O xurado do premio Abertos ao Galego estivo constituído por Evaristo Rodríguez Carracedo, en representación da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Nel Vidal, pola Coordinadora de Traballadoras/es pola Normalización Lingüística, e os membros da Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística: Carlos Callón, Susana Romero, Carlos Outeiro, Iria Taibo e Paulo Filgueiras.

Esta é primeira edición do Premio Abertos ao Galego, que ten o obxectivo de contribuír a prestixiar o traballo das empresas que traballan en galego e animar o conxunto da sociedade a que practique un consumo responsábel coa lingua e cultura do país. O Premio Abertos ao Galego nace baixo o proxecto do mesmo nome da Mesa pola Normalización Lingüística, un certificado de uso do idioma propio para empresas, desde o que se promoven iniciativas destinadas a apoiar e dinamizar o uso do galego no ámbito empresarial.

O galardón entregarase o próximo 19 de decembro nun acto que se vai celebrar no Pazo da Pedreira de Pontevedra, organizado en colaboración do Concello da cidade.

Cultura