A UDC debate sobre a Literatura Galega do XIX

A UDC debate sobre a Literatura Galega do XIX

20 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da UDC acollerá o xoves, 21 de novembro, o workshop sobre Cronoloxía e periodización: a literatura galega do século XIX. Trátase dunha xornada organizada polo proxecto Croliga, que desenvolve o Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega, Grupo Illa, da Universidade da Coruña.

A xornada iniciaráse e se iniciará, ás 10.00h, cunha presentación deste programa, seguida dunha conferencia do profesor Arturo Casas titulada “Periodización e historia da literatura: novas aproximacións metodolóxicas”.

Ás 12:30 horas intervirá o profesor Justo Beramendi para disertar sobre a periodización historiográfica centrada na historia do nacionalismo e xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, os profesores Carlos Manuel Ferreira e Anxo Angueira centraranse na historia literaria e na literatura galega do século XIX, respectivamente.

Sociedade