Ula os Dereitos Humanos

A exposición amósase simultaneamente en paises de todo o mundo
20 de Decembro, 2018 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

Fene inaugura este venres unha mostra sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos do Museo da Imprensa de Portugal. Permanecerá ata o 31 de xaneiro no salón de plenos da consistorial.

No marco da programación de Nadal, o Concello inaugura este venres 21 de decembro no salón de plenos da consistorial unha exposición sobre o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (efeméride que se conmemorou o pasado 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos). A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, explica que esta mostra xorde do convite que recibiu o Concello de Fene dende o Museo da Imprensa de Portugal (institución que organiza o prestixioso certame de humor gráfico Porto Cartoon) para formar parte da denominada Rota do Humor polos Dereitos Humanos e que consiste nunha serie de exposicións simultáneas sobre o tema, con obras de autores dos cinco continentes, en diversos países do mundo. A mostra poderá visitarse en Fene ata o 31 de xaneiro de 2019, de 10 a 14 horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora