Un 10 de marzo para previr a crise que está por chegar

Un 10 de marzo para previr a crise que está por chegar

04 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Arbitrar medidadas para os que esgotaron as prestacións por desemprego é unha necesidade urxente, segundo a CIG, e pasa por ser a solución inmediata para que se poidan manter unhas condicións de vida digna. Cómpre incrementar os subsidios, segundo Abraldes, porque “a crise vai ser duradeira, vaise instalár por moitos meses e será forte e potente”. E para que a reclamación teña efecto faranse mobilizacións como a do día 10 que, non obstante, non conta co apoio dos resto das centrais máis representativas. “UXT e CCOO manteñen que abonda con mesas de negociación –explica o secretario da CIG en Vigo-, pero nós coidamos que é preciso tamén manifestarse”. O consenso sindical tampouco está garantido para as marchas que se queren organizar en defensa do sector da automoción na comarca viguesa.

 

 

No que respecta ao cambio no goberno autonómico, Xerardo Abraldes non as ten todas consigo: “As experiencia cos gobernos do PP non é boa. Na época de Aznar e Fraga a responsabilidade cara os problemas sociais foi moi cativa”. O representante do sindicato nacionalista agarda que se respecten os convenios para promover a investigación aos que se chegou coa Consellaría de Industria “porque son vitais para a automoción”. 

Sociedade