Un alumnado de nivel

"Nótase que lles gusta" afirma o profesor do curso, Alaín Sánchez.
26 de Xuño, 2019 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

Falamos con Alaín Sánchez, profesor de robótica e programador de drons , e co alumno Enrique Adega, interesado nas tecnoloxías e en particular atraído polos drons.

ESCOITA O PODCAST:

Quizas pensamos que os drons so sirven para voar pero, nun minuto que falemos co profesor que imparte o curso de pilotaxe de drons en Fene Alaín Sánchez, aprenderemos que tamén son acuáticos, submarinos e terrestres. Insiste moito o profesor na normativa vixente con respecto aos drons para que o alumnado saiba a qué aterse. Un alumnado que o deixou impresionado nos dous dias que levan de clases. "Teñen moito interés polas tecnoloxías, tanto que en dous dias xa pilotas drons aéreos e terrestres" afirma Sánchez. No curso apréndelles tamén as posibilidades de futuro que ifrecen estes robots pero tamén lles aprende bricolaxe para apañarse con eles cando haxa que soldar ou solventar outros problemas técnicos. Un dron básico, de iniciación custa entre 35 e 50 euros. Un semiprofesional para usalo en fotografía por exemplo custa entre 800 e 1200 euros. Para uso profesional, é necesaria unha licencia de piloto. Alaín insiste moito na seguridade e inculca no alumnado a responsabilidade que ten pilotar un dron. No pavillón A Xunqueira de San Valentín traballan cada mañá durante tres semanas, ata o 13 de xullo, o último día.

Institucional

Publica o teu comentario agora