Un alumno do CEIP Castelao de Belesar de Vilalba gaña o Certame Renovable de sotavento

Un alumno do CEIP Castelao de Belesar de Vilalba gaña o Certame Renovable de sotavento

02 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O alumno do CEIP Castelao de Belesar de Vilalba, Adrián Campelo, foi o gañador do VII Certame Renovable de Debuxo e Pintura convocado pola Fundación Sotavento Galicia. Campelo amosou unha boa capacidade para plasmar a necesidade de coñecer a realidade enerxética e os problemas ambientais derivados do consumo excesivo da enerxía. Como premio recibiu un cheque-regalo e diverso material didáctico, así como un obsequio para os seus compañeir

O 2009 foi o sétimo ano no que se convocan estes premios, cuxo obxectivo principal é incentivar as diferentes iniciativas relacionadas co mundo das enerxías renovables, así como advertir dos perigos do excesivo sobreconsumo enerxético. Ademais de Debuxo, o Certame Renovable tamén inclúe as categorías de Obradoiros e Fotografía.

Sociedade