Un ano máis da Xuntanza dos Maiores

Un ano máis da Xuntanza dos Maiores

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes rendía onte homenaxe aos maiores do municipio coa celebración un ano máis da Xuntanza dos Maiores. Na xuntanza participaron máis de 1.300 persoas que encheron a carpa instalada na Alameda.

Os participantes puideron disfrutar cunha xornada na que se celebrou unha misa na súa honra na igrexa parroquial de Santa María de Ordes, unha comida na carpa instalada na Alameda, e música a cargo dun grupo durante a tarde. Ademais pola mañá tamén houbo unha actuación da Banda de Música Amigos de Ordes.

Nos actos estivo presente o alcalde, Manuel Regos, que insistiu en que con esta xuntanza preténdese rendir homenaxe aos maiores do municipio, así como facer que pasen un día compartindo experiencias cos seus veciños e veciñas e disfrutando dos actos programados. Ademais tamén participaron nesta xuntanza o resto de membros da Corporación Municipal.

Sociedade