Un apartamento en Urano

Lemos o libro de Paul Preciado con Noel Blanco
02 de Decembro, 2020 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

Paul B.Preciado, (Burgos. 1970) é trans e un dos referentes da teoría queer e os estudos de xénero.

ESCOITA O PODCAST:

Lemos hoxe o libro “Un apartamento en Urano” de Paul Preciado, profesor na Universidade de Princeton nos EEUU, con Noel Blanco. O Uranismo é un movemento nacido nos anos 60 para definir o terceiro sexo. Por aí van os intereses de Preciado á hora de escribir os seus artículos xornalísticos. Precidamente este libro “Un apartamento en Urano” é unha recopilación das columnas escritas por el no xornal francés “Liberation”.

O primeiro que resalta o profesor Noel Blanco da escrita do seu colega é que ten un estilo xornalístico diferente ao que estamos afeitos. Él é un autor preocupado por cuestións que teñen que ver co xénero, a tecnoloxía e o radicalismo político. Nesas reflexións escritas para as páxinas dun xornal descubrimos como Paul Preciado ve o universo, a vida, a relación entre xénero e sociedade, entre as persoas e a cultura ou a tecnoloxía.

Noel ponnos un exemplo; cando sucedeu o incendio de Notre Dame, Paul Preciado escribiu unha columna na que nos di que en realidade Notre Dame é unha especie de fantasía, un templo reconstruído tantas veces que nada ou case nada nel é xa orixinal. As vidrieiras xa non son medievais senón do século XX. Ë unha simulación do pasado. “Este artículo pode resumir o seu pensamento”, analisa Blanco e engade que para este escritor é necesario desnaturalizar a nosa relación coas institucións sociais. Interésalle facelo en calquera asunto que aborda, desde o Proces catalán ata a América de Trump. "Ten ideas da esquerda revolucionaria pero tamén visións distrópicas".

Cultura

Publica o teu comentario agora