Un artesán da fotografía

Un artesán da fotografía

22 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

“Non me atrae a fotografía dixital” afirma Paco Rocha, fotógrafo que mostra a súa obra no Centro Galego da Arte Contemporánea en Santiago de Compostela. A exposición chámase “Naturalmente humano” e inclue 12 fotografías e 1 video de paisaxes galegas de Santiago de Compostela, Vilagarcía, Catoira, Rianxo, …

"Traballo unicamente coas técnicas clásicas da fotografía porque cada ún ten que atopar o seu xeito de expresarse e a fotografía con película é algo totalmente diferente, máis real” indica Rocha, salientando que a veces se sinte como o “mago Merlín”, un verdadeiro artesán da fotografía, daqueles que elaboran con todo o agarimo unha peza única.

Sociedade