Un cóctel musical do máis diverso no Fenerock

Un cóctel musical do máis diverso no Fenerock

10 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Música dende os anos 30 ata o metal máis cañeiro da actualidade. De todo iso ofreceráse no Fenerock deste ano. O festival chegará ao paseo marítimo de San Valentin mañá venres e o sábado. Segundo un dos organizadores, Miguel Rodeiro, “Maikel”, logrouse un festival moi interesante. Unicamente tocarán grupos da comarca.

O venres subirán ao escenario do Fenerock, Harry Navison Band, Black Rose, MM´S band e De Cocacoloca a Trastones. O sábado tocarán Txis Punk, Amadeus, Brainwash e Myself. A séptima edición do Fenerock, esta fin de semana no paseo marítimo de San Valentín.

Sociedade