Un cazador de Ordes morre por un disparo accidental

Un cazador de Ordes morre por un disparo accidental

07 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Un cazador de Ordes (A Coruña) faleceu, ao parecer, por un disparo accidental esta mañá nun monte da municipio, ao que acudira cun grupo de persoas. Segundo informaron fontes do 112 e do Grumir de Ordes, o home recibiu, segundo os primeiros indicios, un disparo de escopeta accidental mentres cazaba cun grupo de persoas nun monte do lugar de Nouche.

O aviso deuse pouco despois das 9.13 horas, cando un dos cazadores avisou a emerxencias do accidente. Ao lugar trasladáronse equipos médicos e do Grumir, así como o helicóptero do 112 con base en Santiago de Compostela, que tomou terra na zona ás 9.24 horas, pero o seu  equipo non puido facer nada por salvar a vida do home, que xa morrera.

Trátase dun veciño de Ordes duns 80 anos, segundo sinalaron as mesmas fontes, que precisaron que os primeiros equipos de urxencia que se desprazaron ao monte atoparon a vítima xa falecida. Nestes momentos, o forense trasládase á zona para inspeccionar o corpo. Así mesmo, espera a chegada do xuíz para ordenar o levantamento do cadáver.

Sociedade